Os xogos de karaoke conseguiron superar a crise que case erradicou os xogos musicais das consolas de videoxogos, e como mostra temos que o 22 de novembro a PlayStation 4 recibirá a SingStar Celebration, un título que por 19,99 euros ofrecerá unha boa selección de clásicos festivos e novas cancións de 30 grandes intérpretes e bandas, o que supón un xeito relativamente económico de facerse cunha boa colección de cancións para as festas de xogo cos amigos.
Este xogo vén de confirmar a listaxe de temas que incluirá en España, e desta volta tamén será un xogo da familia PlayLink, ou sexa, que permitirá que os xogadores convertan o seu smartphone nun micrófono persoal (empregando a aplicación SingStar Mic, dispoñible para iOS e Android), de xeito que practicamente calquera PlayStation 4 poderá converterse nunha máquina de karaoke, xa que non precisará da adquisición de micrófonos específicos.
O xogo tamén facilita compartir vídeos e imaxes do xogo a través de Facebook e Twitter, mentres que os usuarios que teñan PlayStation Camera tamén poderán compartir as súas mellores actuacións coa comunidade en liña.
Os temas incluídos en SingStar Celebration serán os que seguen:
– Abba – Dancing Queen
– Adele – Hello
– Alejandro Sanz – Corazón Partío
– Amy Winehouse – Rehab
– Avicii – Wake Me Up
– Britney Spears – Oops!… I Did It Again
– Café Quijano – La Lola
– David Bisbal – Ave María
– Duncan Dhu – En Algun Lugar
– Fangoria – Retorciendo Palabras
– Gente de Zona feat. Marc Anthony – La Gozadera (Salsa Version)
– Hombres G – Voy A Pasármelo Bien
– Jason Derulo – Want To Want Me
– Joaquín Sabina – Y Nos Dieron Las Diez
– Joaquín Sabina – Contigo
– Kings Of Leon – Use Somebody
– La Guardia – Cuando Brille El Sol
– Los Fresones Rebeldes – Al Amanecer
– Manuel Carrasco – Yo Quiero Vivir
– Meghan Trainor – All About That Bass
– Miguel Bosé feat. Bimba Bose – Como Un Lobo
– Morat – Cómo Te Atreves
– Oasis – Wonderwall
– One Direction – What Makes You Beautiful
– Pablo Alborán – Tanto
– Roxette – It Must Have Been Love
– Sebastián Yatra – Traicionera
– Shawn Mendes – Stitches
– U2 – I Still Haven’t Found What I’m Looking For
– Wham! – I’m Your Man
En novembro teremos un novo SingStar en PS4
Compartir Este Artigo
