Na conferencia de Sony na Paris Games Week presentouse ONRUSH, un xogo de carreiras arcade de motor completamente novo que Codemasters e Koch Media comercializarán para PS4 e Xbox One no verán de 2018 e que busca unha experiencia frenética con velocidades de vertixe e moita acción desafiando a gravidade e buscando que o xogador corran con estilo e personalidade, levando a cabo incribles manobras para cargar a barra RUSH e así poder desatar unha devastadora forza que poderá empregarse en momentos chave para causar estragos entre os competidores.
Estamos ante un xogo de acción pura, que fuxe da simulación doutras franquías, e pretende simplemente transmitir a intensidade dos arcades de condución clásicos, buscando así atender certa demanda detectada polos responsables deste título.
Tráiler de presentación de ONRUSH
