Non conformes con celebrar un Laboratorio de Desenvolvemento de Videoxogos o vindeiro xoves de 16:00 a 20:00 horas no centro cívico Cidade Vella de A Coruña (actividade enmarcada no Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación de Coruña Dixital) o colectivo Monkey Laboratory (MoLab) está a organizar un torneo do xogo Rocket League na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña, na que competirán equipos de 3 xogadores, podendo os interesados inscribirse por correo electrónico.
Os interesados desta actividade farían ben en pasarse polo evento de Facebook sobre o torneo, onde darán máis información sobre a actividade durante os vindeiros días, xa que a competición de videoxogos non será unha iniciativa atómica, senón que estará acompañada por máis actividades, unha zona retro, postos de xogo libres e incluso xogos de mesa. Toda unha invitación a xogar nunha Facultade que cada día está a demostrar un compromiso maior co sector dos videoxogos confiando no seu potencial profesional.
MoLab organiza un torneo de Rocket League na Coruña
Compartir Este Artigo
