A longa historia de Yakuza iniciada en 2005 na PlayStation 2 escribe o seu último capítulo en Yakuza 6: The Song of Life, xogo que chega hoxe a PlayStation 4, permitindo así que vivamos a conclusión da historia de Kazuma Kiryu, o Dragón de Dojima, un dos poucos yakuzas de lenda que quedan, e que aos seus 48 anos chega ao final da súa aventura persoal. Os que desexen lembrar a traxectoria de Kiryu poden ler o cómic interactivo que repasa a súa historia.
Esta nova entrega de Yakuza funciona co novo motor gráfico Dragon Engine, polo que sería o xogo da saga máis complexo tecnicamente. Sae á venda a 59,99 euros e presenta unha historia emotiva na que explórase a forza das relacións familiares e conta tamén cun sistema de loita mellorado que consegue pasar con fluidez de loitas a zonas de exploración.
Vídeo promocional de Yakuza 6
