A prensa británica está a dar estes días conta do caso dun cativo de 12 anos que gastou 691 libras esterlinas (784 euros) coa tarxetas bancaria do seu pai no xogo Fortnite en só 3 días. O pai, Steve Harrison, de 37 anos, foi advertido dos elevados cargos feitos contra a súa tarxeta, e descubriu que proviñan de só tres días de partidas do seu fillo na Xbox One que lle regalaran no seu aniversario.
Aínda que o xogo Fortnite é de balde, permite a compra de elementos estéticos e armas para os seus personaxes, e o rapaz de 12 anos realizou un total de 81 compras en 72 horas, o que disparou as alarmas do sistema anti-fraude da tarxeta bancaria que o pai deixara rexistrada na consola de videoxogos, neglixencia da que a entidade bancaria, Natwest, non se fai cargo, de aí que Harrison acuda agora aos medios para advertir a outros pais que teñan coidado cos gastos que poidan facer os seus fillos en xogos en liña.
Un rapaz británico gasta 691 libras en Fortnite en só 72 horas
Compartir Este Artigo
