Microsoft desvelou hoxe os Xogos con Gold do mes de setembro, que baixan considerablemente de nivel con respecto a meses anteriores, xa que os xogos para Xbox One son títulos independentes que poderiamos definir como completamente descoñecidos: Prison Architect e Livelock.
Aparte destes dous xogos totalmente prescindibles, tamén ofreceranse un par de xogos de Xbox 360 que poden gozarse en Xbox One grazas á retrocompatibilidade, como son o divertido LEGO Star Wars III e SEGA Vintage Collection: Monster World (recompilación dos clásicos xogos de rol e acción Wonder Boy in Monster Land, Wonder Boy in Monster World e Monster World IV, que están relativamente de actualidade xa que Wonder Boy III estreou remake en alta definición o ano pasado).
Microsoft anuncia uns decepcionantes Xogos con Gold para setembro
Compartir Este Artigo
