Os seareiros da obra de H.P. Lovecraft teñen dende hoxe dispoñible un videoxogos que os cativará, Call of Cthulhu para Xbox One, PlayStation 4 e PC (Steam), que permitiranos tomar o rol do detective Edward Pierce na súa investigación da morte da familia Hawkins na illa de Darkwater (fronte a costa de Boston), tendo que dominar o rechamante sistema de cordura, así como ter que investigar e ata sentir a influencia dos Grandes Deuses, onde haberá que facer valer as nosas habilidades.
Este traballo do Cyanide Studio é unha adaptación oficial do xogo de rol clásico Chaosium¸ e combina o estilo de xogo de investigación cun apartado narrativo sen parangón cos mitos de Cthulhu. O detective Pierce non só é un investigador obstinado por atopar a verdade, senón que tamén é un alcohólico que loita por deixalo, torturado polo pasado cun desorde por estrés postraumático e visións estañas, de xeito que viviremos como o seu mundo comeza a derrubarse segundo a realidade se descompón e os soños convértense en realidade… mentres o Grande Soñador prepara o seu espertar.
Para facernos unha idea do que ofrece este arrepiante xogo temos o seu tráiler de lanzamento:
Call of Cthulhu achéganos aos arrepiantes mundos de H.P. Lovecraft
Compartir Este Artigo
