Ante a ausencia do AirPower do mercado hai fabricantes que lanzan produtos de carga sen fíos coa vista posta nos iPhone, e iso mesmo parece querer facer Xiaomi, que o 21 de xaneiro vai pór á venda por só 99 iuans (12,83 euros) unha base de carga por indución de Yeelight que integra unha lámpada de noite, pensando así en colocar este dispositivo no dormitorio para recargar smartphones como o iPhone 8/8 Plus/X/Xs/Xs Max/Xr (cargándoos ata a 7,5 watts) ou os Samsung Galaxy de alta gama dende o S6 e o Note 5 (que cargan ata a 10 watts), mentres que outros móbiles con carga por indución cargarían mediante carga normal.
Como curiosidade, a lámpada da base de carta é extraíble, incorporando unha batería que pode cargarse en 3-4 horas para operar ata entre 12 e 24 horas (en función da temperatura de cor da lámpada).
Este tipo de produto podería lembrarnos aos cargadores sen fíos comercializados por IKEA, diferenciándose principalmente polo feito de que os produtos de Xiaomi teñen un prezo aínda máis axustado.
Xiaomi anuncia unha base de carga sen fíos pensada para o dormitorio
Compartir Este Artigo

