A serie de xogos de loita de Team Ninja está de volta, e dende hoxe pode mercarse Dead or Alive 6 nas súas versións para Xbox One, PlayStation 4 e PC (Steam), achegando unha experiencia de xogo completamente nova e aspirando a ser un exemplo perfecto da evolución do lecer e a loita.
Dead of Alive 6 ofrece novos personaxes, un novo sistema de combate, novos escenarios… todo envolto nun par de liñas narrativas distintas (os ninjas e DOATEC e Donovan ao mando de M.I.S.T.) que teñen lugar durante a sexta edición do Torneo Dead or Alive.
Esta serie de xogos de loita en 3D achega unha grande profundidade de xogo, moitas veces eclipsada pola sexualización excesiva dos seus personaxes, polo que os amantes do xénero terán aquí un magnífico título no que pór a proba a precisión dos movementos para conseguir superar aos ataques dos rivais.
Tráiler de lanzamento de Dead or Alive 6

