O shoot-em-up de desprazamento lateral R-Type é todo un clásico que leva dando guerra dende 1987 con conversións á meirande parte de sistemas de xogo que foron xurdindo, dende consolas de videoxogos ata ordenadores domésticos, e agora sorprende saber que Granzella negociou a licenza do xogo con Irem Software Engineering para poder preparar R-Type Final 2, título que busca entregar a mellor experiencia de R-Type posible, pero adaptándose aos tempos actuais, ou sexa, orientado a acción a pantallas panorámicas.
Este novo xogo axustará o seu nivel de dificultade en función da habilidade do xogador, permitirá que os xogadores máis expertos teñan que facer fronte a niveis de dificultade moi elevados, contará con naves redeseñadas que poden equiparse con diferentes sistemas de disparo adicionais e, para continuar a crear expectación sobre este xogo que sairá inicialmente para PlayStation 4 adiantan que no mes de maio lanzarán unha campaña de micromecenado para facer esta produción realidade.
Vídeo de adianto de R-Type Final 2

