Nun momento no que a data de lanzamento do Samsung Galaxy Fold é unha incógnita e estamos pendentes da chegada ao mercado do Huawei Mate X, sorprende a filtración dun novo teléfono encartable, o Motorola RAZR V4, que sorprendería xa que en vez de dobrar horizontalmente encartaríase verticalmente, ou sexa, que recordaría o deseño clásico do Motorola RAZR con tapa, pero no seu interior tería unha pantalla encartable.
Este curioso smartphone sería un produto de auténtico luxo, que dende The Wall Street Journal aseguran que custará uns 1.500 dólares, polo que estaría lonxe de converterse nun produto de consumo de éxito, pero si resulta interesante polo xeito no que Motorola entraría nesta nova categoría de produtos: rendendo homenaxe a todo un clásico da marca.
O Motorola RAZR V4 podería contar cunha pantalla encartable verticalmente
Compartir Este Artigo

