As baterías externas gañaron moita popularidade nos últimos anos para ampliar a autonomía dos nosos dispositivos móbiles, e nesta liña Belkin xa leva bastante tempo vendendo a Valet Charger que pode empregar os seus 6.700 mAh de capacidade para cargar tanto o iPhone como o Apple Watch, xa que inclúe unha pequena sección para pousar o reloxo de Apple e cargalo mediante indución. Pero este trebello que véndese a 99,99 euros é bastante voluminoso e pesado (299 gramos), de aí que agora engadan ao seu catálogo a Boost Charge Power Bank 2K para o Apple Watch, máis compacta e lixeira (pesa 70 gramos).
Esta batería externa está xa á venda nos EE.UU. por 59,99 euros e está orientada especificamente para o Apple Watch de xeito que podería achegar ata 63 horas de batería adicional ao reloxo de Apple, buscando así ser un complemento ideal par as viaxes. Este produto conta con certificación MFi (Made for Apple Watch) e inclúe un cable micro-USB para a súa carga. É compatible cos reloxos de Apple a partires do Apple Watch series 1.
Belkin pon á venda unha batería externa para o Apple Watch
Compartir Este Artigo

