Hai un par de anos iniciaron no Xapón as probas do xogo móbil Pokéland, que sería unha especie de adaptación do Pokémon Rumble que en 2009 saíu para Wii, e agora este título inicia as súas probas para Android en Australia baixo o título de Pokémon Rumble Rush, anunciándose que o seu lanzamento oficial no Xapón será inminente e tampouco faltaría moito para que este xogo móbil chegue ao noso territorio, pois na tenda de Google Play xa figura a a súa descrición en español.
O Pokémon Rumble Rush é un xogo moi na liña do que puidemos ver en Wii, co que comparte mecánicas de xogo, o que supón que os xogadores tomarán o papel dun equipo de varias criaturas Pokémon de xoguete que terán que ir percorrendo niveis enfrontándose a outras criaturas que atacarán en grupos numerosos. O xogo chegará como free-to-play e contará con versións para Android e iOS.
Vídeo no que podemos facernos unha idea de como será o novo xogo de Pokémon para móbiles

