Levamos varios anos nos que os consumidores que precisan dun dispositivos para recibir notificacións dende o móbil, en vez de optar principalmente polo smartphone, tende a confiar en pulseiras deportivas conectadas como as de Xiaomi, que están a renovarse, de xeito que en breve estará dispoñible a Mi Band 4, que contará tamén cunha versión con NFC, que en vez de custar 169 iuans (21,58 euros) incrementará o seu prezo ata os 229 iuans (29,25 euros).
Temos así que Xiaomi continúa a ter unha posición privilexiada, xa que grazas aos seus completos produtos cun prezo moi axustado están a levar a moitos usuarios a incorporalos ao seu día a día.
A nova Mi Band 4 integra unha pantalla AMOLED a toda cor que é un 39,9% maior que a do modelo anterior. Tamén conta cun sensor de 6 eixes para facer un seguimento máis axeitado da actividade física (estreando modo de natación), micrófono para poder invocar a un asistente de voz e tamén compatibilidade con formas de pagamento como AliPay ou sistemas que aproveiten o NFC para completar operacións (nalgún caso as operacións de pagamento poderán completarse grazas a códigos QR que aparecerán na pantalla da pulseira de actividade.
ACTUALIZACIÓN: Xiaomi confirma que a súa pulseira de actividade chegará a
España o 26 de xuño a un prezo de 34,99 euros e co nome de Mi Smart Band 4. Este accesorio
con pantalla a cor e monitorizacón de frecuencia cardíaca presume de autonomía
de ata 20 días, de poder amosar as notificacións do móbil e tamén poder
controlar a reprodución multimedia do dispositivo co que estea vinculado
(soportando conexión sen fíos con Bluetooth 5.0 BLE). Polo momento só está confirmada a chegada do modelo sen NFC.

