O xogo móbil Harry Potter: Wizards Unite, que podería describirse como o Pokémon Go do mundo máxico de J. K. Rowling, está cada vez máis preto de chegar aos nosos dispositivos, e tras unha beta en Nova Zelandia e Australia aberta en maio, anuncian agora que o venres chegará a EE.UU. e Reino Unido, polo que estrearon tamén un tráiler de lanzamento, ou sexa, que podemos entender que o xogo está completo e agora só queda agardar a un espallamento xeográfico progresivo para permitir o escalado de servidores para atender aos millóns de usuarios simultáneos que recibirá este título.
Este novo xogo móbil non só é semellante a Pokémon GO, senón que tamén está a ser desenvolvido por Niantic, o que para moitos é toda unha garantía, sendo moi probable que remate converténdose no fenómeno do verán en boa parte do globo.
Tráiler de lanzamento de Harry Potter: Wizards Unite

