Os cubos de Rubik convertéronse co tempo en todo un obxecto de culto, que non só supoñen un reto para a súa resolución, senón que tamén protagonizan campionatos de velocidade, con persoas capaces de resolvelos en poucos segundos e, para facilitar a introdución a este desafío mental chega o Super Cube i3SE, que é un cubo de Rubik de 3x3x3 con conexión Bluetooth, de xeito que poden emparellarse dun smartphone ou tableta con iOS ou Android para que, mediante unha aplicación.
O Super Cube i35E ten un sensor de movemento de 6 eixes e un microcontrolador que son quen de monitorizar cada rotación, para que a aplicación móbil que o acompaña sexa capaz de funcionar como titorial para principiantes, facilite o seguimento dos progresos, permita xogar en liña contra outros usuarios de todo o mundo e tamén integra minixogos para desafiar a velocidade, a memoria e as reaccións.
O cubo integra unha batería recargable con batería para 90 días e pode adquirirse xa a un prezo de 39,99 euros.
Vídeo promocional do Super Cube i35SE

