Xiaomi presentou hoxe na India unha nova pulseira de actividade que continúa na teima da compañía chinesa en facer este tipo de produto cada vez máis accesible, xa que a nova Mi Smart Band 3i sae á venda a un prezo de 1.299 rupias (16 euros) cando a Mi Band 3 véndese a 1.799 rupias, de xeito que o axuste de prezo é bastante importante.
A nova Mi Band 3i ten unha pantalla AMOLED táctil de 1,2 x 1,9 centímetros, a súa batería de 110 mAh ofrece unha autonomía de ata 20 días de uso, e pode facer seguimento de pasos, do sono e do consumo de calorías.
Como outros produtos semellantes, tamén pode empregarse para recibir notificacións do móbil ou empregarse para localizar o teléfono se o perdemos. A pulseira tamén é resistente á auga ata 5 atmosferas, ou sexa, que sería seguro o seu uso na piscina e na ducha.
Aínda non se sabe cando chegará este produto a España, pero tendo en conta que aquí a Mi Band 3 véndese a 29,99 euros, polo que, de manterse a proporción de prezo, podería custar só 22 euros.
Xiaomi presenta unha nova pulseira de actividade económica
Compartir Este Artigo

