En 2016 os creadores de Borderlands estrearon Battleborn, un shooter de heroes en primeira persoa que tivo a pouca fortuna de coincidir no tempo con Overwatch, véndose eclipsado a grande velocidade, de xeito que a un ano do seu lanzamento tivo que mudar o seu modelo de negocio para converterse en free-to-play, o que non foi dabondo para manter a rendibilidade deste xogo en liña, que xa ten data de caducidade.
Dende 2K Games anuncian que veñen de retirar o xogo das tendas dixitais, e que agora inician un proceso progresivo de apagamento do proxecto, ao que irán destinando cada vez menos recursos. O 24 de febreiro será cando deixarán de vender as moedas virtuais do xogo, que manterá os servidores operativos ata xaneiro de 2021, cando Battleborn apagará os seus servidores para sempre, o que impedirá tanto o xogo no modo campaña como o seu multixogador.
Battleborn pechará os seus servidores en xaneiro de 2021
Compartir Este Artigo

