En setembro chegou a Nintendo Switch o xogo Arcade Archives TRACK & FIELD, editado por HAMSTER, clásico deportivo de 1983, que un ano despois contou coa secuela Hyper Sports, que hoxe estrea versión para Switch a un prezo de 6,99 euros, dando así unha extraordinaria oportunidade de recuperar todo un clásico de Konami que nos anos 80 causou furor en salóns recreativos e en ordenadores persoais.
Hyper Sports ofrece a oportunidade de competir nos deportes de natación, tiro ao prato, salto de poldro, tiro con arco, triplo salto, levantamento de peso e salto con pértega, permitindo ata 4 xogadores consecutivos en local. As mecánicas de xogo son moi sinxelas, de xeito que os distintos deportes olímpicos xóganse con pulsacións rápidas de botóns (para correr) e pulsacións precisas para realizar unha acción (coller aire, saltar, disparar…), o que manteríase en xogos futuros de Ocean Software como Daley Thompson’s Decathlon e as súas secuelas.
O clásico Hyper Sports chega a Nintendo Switch
Compartir Este Artigo

