Microsoft quere que os subscritores de Xbox LIVE rematen o ano con bo sabor de boca, e anuncia os Xogos con Gold que recibirán no mes de xaneiro, e que permitirán un mes moi animado con títulos de bastante peso.
O primeiro xogo de Xbox One en chegar en xaneiro será Styx: Shards of Darkness, unha aventura de sixilo na que controlaremos ao trasgo Styx na súa misión de infiltración na cidade dos elfos escuros para completar un roubo único; este xogo estará seguido polos 5 episodios que conforma a primeira tempada de Batman: The Telltale Series, aventura que meteranos na pel de Bruce Wayne nun dos seus momentos máis difíciles, sen que falten inimigos como Dúas Caras, o Pingüín ou Catwoman.
O primeiro xogo de Xbox 360 retrocompatible con Xbox One en xaneiro será Tekken 6, un dos mellores xogos de loita da pasada xeración de consolas; seguirao LEGO Star Wars II: The Original Trilogy, título que regresa á triloxía orixinal de Star Wars pasada pola lente de LEGO, o que engade humor e diversión para toda a familia.
Temos aquí unha das mellores seleccións de Xogos con Gold do ano, o que posiblemente busque ser un incentivo para que os xogadores que se fagan cunha Xbox One no Nadal teñan claro subscribirse a Xbox LIVE Gold por considerar que as recompensas pagan a pena.
Vídeo de presentación dos Xogos con Gold de xaneiro

