Dende hoxe está dispoñible para Xbox One e PC o agardado xogo Ori and the Will of the Wisps, unha nova aventura de Ori na fraga de Niwen, na que poderemos gozar de fermosos gráficos e música que cativarán a moitos xogadores á vez que ofrece un sistema de combate actualizado para derrotar aos impresionantes inimigos aos que terá que facer fronte Ori.
Aínda que podemos mercar este xogo (compatible con Xbox Play Anywhere) nas tendas dixitais de Xbox One, Windows 10 e Steam, este título tamén está dispoñible a través do Xbox Game Pass, que tamén conta coa primeira aventura da saga, Ori and the Blind Forest (gañador de máis de medio cento de premios). Tamén cómpre salientar que este xogo está optimizado para Xbox One X, ou sexa, que se contamos coa consola máis potente de Microsoft poderemos gozar deste título con gráficos 4K con HDR a 60 imaxes por segundo, algo pouco frecuente en xogos deste tipo.
Vídeo promocional da nova aventura de Ori

