Non hai dúbidas en que The Last of Us Parte II era o xogo exclusivo para PlayStation 4 máis agardado do ano, e aínda que a crise sanitaria podería ter afectado ao seu lanzamento, finalmente parece que non foi así, xa que a 21 de xuño tería acadado os 4 millóns de unidades vendidas, ou sexa que sería o título exclusivo de PS4 que máis rápido chegou a tal volume de vendas, confirmando que estamos ante un dos meirandes lanzamentos da presente xeración de consolas.
O lanzamento da secuela de The Last of Us tamén obrigou a dar unha forma diferente ao calendario de lanzamento de xogos exclusivos para PS4, que agora prepárase para recibir o vindeiro 3 de xullo o moi agardado Marvel’s Iron Man VR (título que permite vivir a experiencia do heroe da Marvel cun casco PlayStation VR) e Ghost of Tsushima, que tiña terse lanzado no mes de xuño, pero finalmente verá a luz o 17 de xullo para marcar certa distancia co éxito de Naughty Dog.
The Last of Us Parte II convértese no meirande lanzamento exclusivo para PS4
Compartir Este Artigo

