Os xogos que ofrecerán dentro de PlayStation Plus no mes de setembro son dous grandes referentes de cadanseu xénero, de xeito que por unha banda teremos o PlayerUnknown’s Battlegrouds (PUBG), que ata a chegada de Fortnite era o battle royale de máis éxito do mercado (e continúa con moita forza en varias plataformas) e Street Fighter V, o xogo de loita máis popular para combates de un contra un.
Ambos xogos estarán dispoñibles entre o 1 de setembro e o 5 de outubro para subscritores de PS Plus, ofrecendo experiencias de xogo moi diferentes, xa que mentres en PUBG o usuario participa en competicións con ata 100 xogadores, en Street Fighter V os enfrontamentos son individuais. Estes xogos tamén teñen a posibilidade de realizar compras dentro da aplicación, aínda que con Street Fighter V podería dicirse que Capcom buscou o camiño da redención, xa que o propio título permite incorporar os contidos de seguintes edicións (principalmente incorporando novos loitadores) en vez de obrigar ao usuario a mercar unha nova copia do xogo para poder gozar de todas as súas posibilidades (ou sexa, que non é preciso mercar Street Fighter V: Champion Edition para gozar dos seus contidos de balde, grazas aos progresos realizados dentro do xogo orixinal).
PUBG e Street Fighter V serán os xogos de PS Plus de setembro
Compartir Este Artigo

