Atendendo as necesidades de mobilidade máis esixentes do mundo profesional Samsung anuncia a súa tableta resistente Galaxy Tab Active3, que mantén un deseño elegante e compacto pese a estarmos ante un produto pensado para soportar as condicións dos traballos de campo, para o que tamén inclúe capacidades de sensibilidade táctil para permitir que profesionais como sanitarios e corpos de seguridade poidan interactuar coa pantalla con luvas.
A Samsung Galaxy Tab Active3 conta coa certificación MIL-STD-810H, sendo capaz de soportar caídas de ata 1,5 metros cunha funda protectora, e ten certificación IP68 de resistencia ante o po e a auga, de xeito que é un produto apto para traballos en exteriores.
A tableta está equipada cun procesador Exynos 9810, 4 GB de RAM e ata 64 GB de almacenamento interno; a súa pantalla de 8 polgadas ten unha resolución de 1.920 x 1.200 píxeles; ten conectividade Wi-Fi 6, ten cámaras de 13 e 5 Mpíxeles, a súa batería de 5.050 mAh conta con carga rápida (existindo tamén a posibilidade da súa instalación fixa sen batería), pode empregarse cun S Pen (accesorio moi práctico para a captura de sinaturas e a xestión de documentos complexos empregando luvas), inclúe NFC para a facilitar pagamentos e tamén ten soporte de 4G para poder gozar de conectividade en case calquera lugar. Unha tableta de só 429 gramos de peso que resulta ideal para numerosos contornos profesionais.
Samsung pon á venda unha nova tableta resistente para uso profesional
Compartir Este Artigo

