A eliminación dos xogos de PS3 e PS Vita de PlayStation Plus levou a que Sony coidase máis o catálogo que ofrece aos seus subscritores, que no mes de outubro recibirán un par de títulos bastante importantes, como son o Need For Speed: Payback (título de PS4 que achega moita acción sobre rodas na cidade ficticia de Valle Fortune) e Vampyr (xogo de rol en terceira persoa ambientado en 1918 no que un médico convertido en vampiro pode dedicarse a salvar aos habitantes de Londres ou a alimentarse deles).
Adicionalmente en España podemos gozar de Massira, un título de exploración, quebracabezas e plataformas 3D desenvolvido no marco de PS Talents.
O terror e a velocidade dominan PS Plus en outubro
Compartir Este Artigo

