Quince anos despois do lanzamento de Age of Empires III, grande xogo de estratexia en tempo real de Ensemble Studios, chega Age of Empires III: Definitive Edition, unha revisión do xogo que xa está ao alcance dos subscritores de Xbox Game Pass para PC e Xbox Game Pass Ultimate, que tamén podemos mercar na tenda de Windows 10 ou a través de Steam a un prezo de 19,99 euros, e ofrece gráficos 4K con soporte ultrapanorámico, un novo backend e emparellamento multixogador LIVE, modelados completamente reconstruídos, audio regravado dos personaxes e unha recreación dende cero das cinemáticas das campañas, ou sexa unha remasterización que permite gozar con dignidade deste clásico en ordenadores modernos.
O xogo tamén recibe melloras na intelixencia artificial, a posibilidade de xogar con dificultade Extrema, melloras na ferramenta de edición, unha nova interface de usuario (permitindo que os xogadores opten pola interface clásica), función de zoom de cámara e unha grande cantidade de novas opcións que modernizan un xogo que non está ancorado no tempo, senón que recibe dúas novas civilizacións (os incas e os suecos) ata sumar un total de 14, polo que conta con novidades dabondo para animar a vellos xogadores.
Age of Empires III volve con forzas renovadas
Compartir Este Artigo

