Nun momento no que DJI domina de xeito claro o mercado dos drons a nivel mundial, facendo que os principais fabricantes europeos e estadounidenses teñan serios problemas de viabilidade económica e quedasen case sen nichos de mercado nos que establecerse, Sony sorprende anunciando o proxecto Airpeak, co que queren entrar no mercado dos drons, pero cun acento especial nas robótica baseada en intelixencia artificial.
A marca Airpeak quere achegar valor ao mercado dos drons contribuíndo coa súa experiencia nas tecnoloxías dos sensores e da imaxe, así como nas tecnoloxías 3R (realidade, tempo real e control remoto).
O novo proxecto de Sony quere axudar aos creadores de vídeo a levar a súa creatividade o máis lonxe posible, así como tamén quere achegarse a outras industrias nas que sería posible mellorar a eficiencia e reducir custos. Airpeak tamén pretende levar drons a contornos nas que antes non era posible por problemas de seguridade e fiabilidade.
Polo momento estamos só ante unha declaración de intencións, estando previsto o lanzamento do proxecto na primavera de 2021.
Sony entrará no mercado dos drons
Compartir Este Artigo

