Endesa pon en marcha un plan para axudar ás pemes do mundo rural, de maneira que estas poidan desenvolver solucións de comercio electrónico e afianzar os seus negocios tras a crise económica e sanitaria marcada pola COVID–19. O acordo foi aprobado hoxe polo director executivo (CEO) de Endesa, José Bogas, e Carmen Quintanilla, presidenta de AFAMMER (Confederación de Federacións e Asociacións de Familias e Mulleres do mundo Rural).
A iniciativa busca axudar ás pemes a adaptarse tecnoloxicamente ás novas formas de comercio. De este xeito, o Plan de Responsabilidade de Endesa inviste na formación e en axudas concretas en territorios como Galicia, Aragón, Madrid, Estremadura, Andalucía, Cataluña, Canarias e Baleares.
O proxecto conta con dúas fases. A primeira consiste en participar nos webinar e nas clases en liña producidas por Endesa e AFAMMER, co fin de deseñar e desenvolver as competencias dixitais. Mentres, a segunda fase da iniciativa, pretende atender directamente a 150 pequenas e medianas empresas para que implanten ou impulsen as súas ferramentas de comercio en liña, ademais de iniciar ou incrementar a súa capacidade comercial ofrecéndolles todo aquilo que necesiten.
José Bogas, destaca que “a capacidade da sociedade para, con axilidade, unir esforzos e envorcar a dirección dos seus proxectos cara a un foco distinto e solidario, debe ser unha desas leccións aprendidas que chegaron para quedar”. Doutra banda, a presidenta nacional de AFAMMER, considera que “o proxecto será beneficioso para o medio rural porque axudará ao desenvolvemento e a creación das pequenas e medianas empresas nesas zonas” e destaca “a experiencia de AFAMMER na xestión de proxectos deste tipo a nivel estatal”.
O orzamento que se destina para a iniciativa é de 615.000 euros. As pemes interesadas poderán solicitar información na web de AFAMMER.
Endesa presta axuda TIC ás nosas empresas rurais
Compartir Este Artigo

