O servizo de subscrición PlayStation Plus comeza 2021 cunha importante novidade: a incorporación á selección de xogos mensuais cun título para PlayStation 5, que desta volta será o arrepiante xogo de rol de mundo aberto Maneater. Neste curioso título controlaremos a unha quenlla dende que é unha cría ata que se converte nun grande depredador na busca de vinganza.
Pero o título estrela do mes de xaneiro será sen dúbida Shadow of the Tom Raider, a terceira e derradeira entrega das aventuras de Lara Croft na súa última revisión, que desta volta terá que loitar para salvar o mundo da apocalipse maia. Este xogo para PlayStation 4 estará acompañado por Greedfall, un xogo de rol de acción no que explorar unha illa chea de maxia, riquezas, segredos e criaturas fantásticas.
Como extra, os usuarios españois tamén poderán facerse con Dawn of Fear, xogo de terror desenvolvido polo estudio valenciano Brok3snite.
PlayStation Plus estrea xogos de PS5 na súa selección mensual
Compartir Este Artigo

