Nos últimos anos foron moitos os rumores que apuntaban ao peche da tenda de música de Apple, iTunes, como resposta á súa irrelevancia nun contexto no que a música consúmese principalmente a través de servizos de subscrición e plataformas de balde; pero este escenario non está só no mundo da música, senón tamén no audiovisual, e cada vez resulta máis rara a compra de películas e series de televisión, o que confirman dende Sony, compañía que vén de anunciar o cesamento dos seus servizos de aluguer e compra de contidos audiovisuais.
Será o vindeiro 31 de agosto cando a PlayStation Store deixará de ofrecer a opción de compra e aluguer de películas e contidos de televisión, aínda que cómpre salientar que a partir da devandita data será posible continuar a reproducir en consolas PlayStation e dispositivos móbiles con contidos que se tiveran mercado con anterioridade.
Non é a primeira plataforma que deixa de ofrecer este tipo de servizo, nin tampouco era a de máis éxito, pero o peche da sección de vídeo da PlayStation Store é un importante sinal do cambio de tendencias no consumo audiovisual, no que actualmente dominan plataformas de subscrición cada vez máis activas e con maior presenza de grandes novidades e, aínda que o dinamismo dos seus catálogos fai que a compra de películas soltas aínda teña sentido, a caída de vendas é tan acusado que a poucas compañías compensa manter tal estrutura de negocio.
A PlayStation Store abandona o audiovisual
Compartir Este Artigo

