A triloxía de Crash Bandicoot conseguiu repetir o seu éxito orixinal ao relanzarse nunha remasterización, o que levou a que lanzasen para PlayStation 4, Xbox One e Nintendo Switch unha secuela, Crash Bandicoot 4: It’s About Time, título cun estilo artístico renovado e algunhas innovacións en mecánicas e habilidades que mantén igualmente o espírito dos anteriores, á vez que permite que os novos xogadores poidan gozar do xogo sen problema.
Pois a partir do 26 de marzo este xogo vai estar dispoñible nunha plataforma máis, o PC, chegando a través de Battle.net a un prezo de 39,99 euros, abríndose así moitos máis usuarios que poderán gozar das novas tolerías de Crash e Coco enfrontándose a Neo Cortex e N. Tropy para salvar o multiverso. Cómpre salientar que o xogo tamén está dispoñible para consolas de nova xeración.
Vídeo co que anuncian a versión para PC do xogo

