Os fabricantes de consolas de videoxogos non cesan de dinamizar as súas vendas con tácticas tan básicas como incrementar o número de cores no que as súas máquinas están dispoñibles, e agora Nintendo anuncia que a partir do 7 de maio estará dispoñible a Switch Lite en cor azul.
Esta cor pode lembrar á que xa tiveron no seu día consolas como a GameCube, a Game Boy Advance ou a Game Boy Advance SP, polo que confíase en que haxa moitos incondicionais de Nintendo que queiran facerse coa consola que ata o momento estaba dispoñible en 4 cores (coral, amarelo, gris e turquesa).
Desta volta non estamos ante unha edición especial, senón ante unha nova cor, polo que o seu prezo oficial sería o mesmo que o resto de versión da consola.
A Nintendo Switch Lite terá versión en cor azul
Compartir Este Artigo

