Por segundo ano consecutivo, a Fundación Museo do Videoxogo de Galicia (MUVI) colaborará de xeito activo co Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que chega á súa XXII edición. En palabras dos responsables do MUVI, os irmáns Jacobo e Galo Martínez, a participación do museo de Cangas no dito evento é unha nova constatación do interese que espertan os videoxogos entre o público, o que se materializa unha vez máis na súa inclusión, de maneira natural e directa, no programa do Salón.
“Para o MUVI, a idea de poder seguir promovendo o videoxogo nun espazo fresco e cultural como é o Salón sempre será motivo de celebración, pois esta está correspondida coas bases fundacionais da entidade, que procura entrelazar divulgación, entretemento e interacción”, explican, engadindo que desta volta a fundación ten preparado “un percorrido imperdible sobre a relación entre o videoxogo e a ecoloxía, da man dunha exposición con máis de dúas decenas de fitos que recollen algúns dos momentos máis interesantes da industria en relación co medio natural, as enerxías renovables ou as problemáticas e solucións que a Terra ten por diante”.
O percorrido físico co que poderán interactuar os asistentes (que se complementará cun itinerario virtual accesible na web do Salón) exhibirá obras, sistemas e información sobre estes elementos en relación coa ecoloxía, “deixando patente como o videoxogo se relaciona coa realidade histórica e social de cada intre cronolóxico, abrindo cada vez máis portas no referido ás temáticas, aos relatos e ao seu tratamento, nunha viaxe que vai, neste caso, desde o ano 1982 ata o 2021”, explican os irmáns Martínez, facendo saber que amais da exposición permanente o MUVI tamén prevista unha serie de visitas guiadas por eles mesmos, que ampliarán a información do espazo principal, amais de ofrecer “unha viaxe accesible e interactiva para todo neno e adulto que se inscriba”.
· Xoves 22 de abril – 18:30 – Videoxogos: manual de instrucións (só para profesores). Intervención da Fundación Museo do Videoxogo de Galicia no III Congreso Internacional de Mediación Lectora.
· Sábado 24 de abril – Videoxogos e ecoloxía 11.30h (A partir de 6 anos) no Recanto Tecnolóxico.
· Sábado 24 de abril – Videoxogos e ecoloxía 18.30h (A partir de 6 anos) na Sala de Exposicións.
· Domingo 25 de abril – Videoxogos e ecoloxía 11.30h (Menores acompañados de 6 anos acompañados) no Recanto Tecnolóxico.
· Domingo 25 de abril – Videoxogos e ecoloxía 18.30h (Menores acompañados) no Recanto Tecnolóxico.
· Sábado 1 de maio – Videoxogos e ecoloxía 11.30h (Menores acompañados de 6 anos acompañados) na Sala de exposicións.
· Sábado 1 de maio – Videoxogos e ecoloxía 18.30h (Menores acompañados de 6 anos acompañados) na Sala de Exposicións.
· Domingo 2 de maio – Videoxogos e ecoloxía 11.30h (Menores acompañados de 6 anos acompañados) na Sala de Exposicións.
· Sábado 8 de maio – Videoxogos e ecoloxía 11.30h (Menores acompañados de 6 anos acompañados) na Sala de Exposicións.
· Sábado 8 de maio – Videoxogos e ecoloxía 17..30h (Menores acompañados de 6 anos acompañados) na Sala de Exposicións.
· Domingo 9 de maio – Videoxogos e ecoloxía 11.30h (Menores acompañados de 6 anos acompañados) na Sala de Exposicións.
Unidade didáctica
A exposición física e virtual terá un engadido final en forma de Unidade Didáctica a resolver pola conta de calquera asistente que así o desexe, perante a idea de repasar os coñecementos adquiridos durante o percorrido e recompilar a meirande parte da información ofrecida, afondando de novo na idea da interactividade e a accesibilidade, “elementos presentes en todas as propostas que o MUVI deseñou para o Salón”, explican os creadores do museo, que lembran a todas as persoas interesadas que poden consultar calquera dúbida con Galo Martínez (651 662 746) ou con Carlos Pereiro (669 225 461), membros da fundación.
O MUVI desenvolve unha ambiciosa exposición de videoxogos para o Salón do Libro de Pontevedra
Compartir Este Artigo

