
Nestes meses, R estivo a traballar na ampliación e mellora da súa infraestrutura, instalando novos equipos nos nodos de conexión que lles dan servizo a estas áreas, sobre todo en Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa. De feito, isto permitiu dotar a súa rede de maior capacidade e fortaleza para responder “dun xeito máis áxil e estable” ao aumento de tráfico en Internet e á demanda doutros servizos de telecomunicacións que se vén producindo dende o inicio da pandemia.
Cabe mencionar que a crise sanitaria alterou os hábitos de uso e as tendencias xerais da poboación á hora de consumir servizos de telecomunicacións, xa que o tráfico na rede incrementou entre un 40 e un 50 % dende o inicio da pandemia, con picos que chegaron a superar o 80% en situacións de máximas restricións á mobilidade. Por todo o acontecido, o operador galego inverte case 4,6 millóns de euros para ampliar e reforzar as capacidades da súa rede de fibra en Galicia.
R aumentou a capacidade da súa rede en oito concellos da comarca do Salnés
Compartir Este Artigo

