
Así, ambas institucións avanzan un paso máis para afrontar os novos desafíos da sociedade e orientarse cara o sector dixital. Desta forma, o alcalde da localidade, Miguel Anxo Fernández Lores, sinalou que “o acordo que presentan é o primeiro paso dunha colaboración longa e frutífera”. Do mesmo xeito, Joan Cruz, de Fundación Telefónica, afirma que “levan moitos anos traballando pola mellora da empregabilidade a través de competencias dixitais, que son ferramentas clave para contribuír a reactivar a economía e xerar emprego”.
Por medio do programa de formación dixital e gratuíto, Conecta Emprego, calquera persoa interesada en deseño e programación poderá mellorar as súas competencias tecnolóxicas en programación, deseño de videoxogos, desenvolvemento de páxinas web en WordPress e creación de contidos dixitais. A duración do curso será de entre 20 e 40 horas. Ademais, estes contan con actividades prácticas.
Cómpre mencionar que o programa xa beneficiou durante 2020 a 204.880 persoas de 9 países, alcanzando case os 3 millóns de horas de formación impartidas. En España, os beneficiarios foron 51.478, cifra que se prevé aumentar este ano.
Polo momento, as inscricións xa están abertas e dispoñibles ata o 30 de setembro de 2021. Non obstante, Conecta ten dúas ferramentas dixitais de asesoramento profesional gratuítas, o Mapa do Emprego e o Orientador Profesional Virtual para traballar de maneira personalizada.
Telefónica e Pontevedra xuntan forzas a prol da empregabilidade dixital
Compartir Este Artigo

