Aos novos smartphones encartables de Samsung acompáñaos un dos accesorios bastante máis económicos, os auriculares Galaxy Buds2, deseñados para ofrecer un axuste cómodo que permita o seu uso durante moitas horas, que proporcionan unha calidade de son superior grazas aos seus altofalantes de dúas vías (que ofrecen uns agudos nítidos e uns graves profundos) á vez que a función de cancelación activa de ruído axuda a bloquear os sons non desexados (contando tamén con niveis axustables de son ambiental para permitir escoitar o que nos rodea).
Os Galaxy Buds2 tamén prometen comunicacións de voz máis claras, mediante o uso dunha nova solución de aprendizaxe automática que filtra distintos ruídos de fondo que distraen. Teñen unha autonomía de 5 horas de reprodución coa cancelación de ruído activa, e xunto co seu estoxo de carga poden chegar ata as 20 horas de reprodución.
Estes son os auriculares máis pequenos e lixeiros de Samsung, chegan ao mercado en 4 cores diferentes e terán un prezo de venda de 149 euros.
Vídeo promocional dos Samsung Galaxy Buds2

