O máximo responsable da división de deportes electrónicos de Riot Games, John Needham, anunciou hoxe importantes cambios na celebración dos campionatos mundiais de League of Legends, que o ano pasado celebráronse en Shanghai sen rexistrarse infeccións da COVID-19 (só contaron con público na grande final) e conseguindo records de espectadores en liña, polo que agora que avanzou a vacinación confiaban en que a edición de 2021 puidese celebrarse con normalidade, pero chegou a variante Delta do coronavirus e mudou a situación, con novas restricións aos desprazamentos, polo que, para garantir que poidan acudir á cita todos os equipos, a competición trasladarase de China a Europa.
Dende Riot Games consideran que mudar a cita a Europa facilita que poidan acudir ao Worlds 2021 un maior número de equipos, sendo este o principal factor para tal decisión, pola que piden desculpas ás cidades chinesas que colaboraban co evento, así como ás empresas e ao público chineses, que demostraron estar á altura do campionato.
Nos vindeiros días darán máis detalles sobre o Worlds 2021, que será un dos moitos campionatos deste tipo que se veñen a celebrar presencialmente por todo o mundo.
Vídeo no que John Needham dá conta dos cambios no Worlds 2021

