Cada vez é máis doado atopar xeitos de gozar dos videoxogos a través da nube, e a última proposta chéganos a través de LG, fabricante que chegou a un acordo con nVIDIA para que os seus televisores con webOS (os modelos máis potentes e recentes) conten coa aplicación de GeForce NOW, de xeito que con simplemente a conexión dun mando os usuarios poderán gozar de potentes videoxogos no seu televisor, evitando a necesidade dun potente ordenador ou dunha videoconsola.
Polo momento GeForce NOW para televisores é un servizo en probas que bota a andar esta semana en 80 mercados, achegando ducias de xogos free-to-play, pero facilitando tamén botar partidas a títulos como Rocket League, Destiny 2, Marvel’s Guardians of the Galaxy ou Crysis Remastered Trilogy en Full HD a 60 imaxes por segundo, podendo incluso gozar de gráficos con ray tracing se pagamos polo paquete máis avanzado do servizo.
Os televisores de LG poden gozar do xogo na nube de nVIDIA
Compartir Este Artigo

