Aínda que Huawei perdeu grande relevancia no noso mercado por mor das sancións que lle impiden integrar nos seus móbiles os servizos de Google, estes días poñen á venda en China un produto que posiblemente chegue ao noso mercado e que resulta bastante atractivo: o Huawei Watch D.
Este reloxo conectado que en China venderase a 2.988 iuans (415 euros) ten unha pantalla AMOLED táctil de 1,64 polgadas e formato rectangular, conectividade Bluetooth 5.1, NFC, GPS, batería cunha autonomía normal de ata 7 días, resistencia IP68 e unha clara vocación de monitor da nosa saúde, xa que integra sensor de medición de ritmo cardíaco, permite realizar electrocardiogramas, pode medir o nivel de osíxeno en sangue e incluso é capaz de tomar a tensión arterial grazas a unha correa especial que utilizar aire a presión.
Estamos así ante un smartwatch que, aínda que poida resultar práctico para recibir notificacións do móbil ou rexistrar a nosa actividade física durante a práctica deportiva, é máis interesante como unha ferramenta para facer un seguimento da nosa saúde. É compatible con Android e HarmonyOS de xeito completo, e tamén pode empregarse con iOS (aínda que con funcións máis limitadas).
O Huawei Watch D pode medir a tensión
Compartir Este Artigo

