O desenvolvedor galego Jacobo Rodríguez, a quen debemos aplicacións como o xogo de balde de La Escoba (Española), atreveuse co xogo de moda na web, o Wordle, que adaptou en forma de aplicación móbil para iOS co nome de La Palabra Oculta, e que grazas á colaboración de Pablo M. Grela tamén temos dispoñible para Android como Atopa a palabra.
Como acontece no resto de xogos deste tipo, temos que adiviñar palabras de 5 letras, de xeito que cada vez que introducimos unha palabra indícasenos as letras que están na palabra que buscamos e se a súa posición é correcta, pero neste caso cómpre salientar que podemos elixir entre varias linguas (español, galego éuscaro e catalán) e non se limitan as palabras ás incluídas no dicionario, senón que tamén inclúe conxugacións verbais.
A aplicación mantén a filosofía de ofrecer só unha palabra diaria para adiviñar.
Nova aplicación galega para xogar ao Wordle en dispositivos móbiles
Compartir Este Artigo

