A serie de xogos de loita Fatal Fury de SNK marcou os salóns recreativos nos anos 90, sendo a súa última entrega Garou: Mark of the Wolves, lanzada en 1999, de aí que sorprenda hoxe a estrea dun vídeo de adianto para anunciar o retorno da saga cunha nova entrega.
Dende SNK limítanse a asegurar que deron luz verde ao desenvolvemento dunha nova entrega da serie Fatal Fury/Garou, salientando que a saga marcou o inicio dos xogos de loita de SNK (compañía que aínda desenvolve a serie King of Fighters), sendo unha das máis influentes da historia.
Vídeo no que anuncian o retorno de Fatal Fury

