Aínda que non sexa unha marca moi coñecida polos seus auriculares, Adidas ten un completo catálogo destes dispositivos, aos que nos vindeiros días se sumarán os Adidas RPT-02 SOL, auriculares que na súa diadema integran a tecnoloxía Powerfoyle de Exeger (como os JBL Reflect Eternal), ou sexa, que aproveita a luz natural e artificial para cargar a batería dos auriculares, que teñen unha autonomía de ata 80 horas de reprodución.
Os Adidas RPT-02 SOL non só gozan de grande autonomía apoiada pola carga solar, senón que tamén están deseñados para a práctica deportiva, de aí que teñan resistencia IPX4 e a parte inferior da diadema e as almofadas para as orellas sexan extraíbles e lavables.
Estes auriculares Bluetooth 5.2 teñen un control intuitivo medante un botón de control de 5 funcións e un botón de acción (indicador de estado luminoso programable a través dunha aplicación móbil); contan con drivers de grande tamaño (45 milímetros); integran micrófono compatible con asistentes de voz; e poden mercarse a un prezo de 229 euros.
Adidas estrea auriculares de diadema con carga solar
Compartir Este Artigo

