A banda deseñada de As Aventuras de Tintín: Os Xarutos do Faraón poderase gozar en forma de videoxogo en 2023 da man de Microids, editora que encargou este traballo ao estudio español Pendulo Studios, que desenvolverá o xogo de aventuras para PS4, PS5, Xbox One, Xbox Series X|S, Nintendo Switch e PC.
Deste xeito, o usuario poderá acompañar a Tintín e Milú na súa procura da tumba do faraón Kih-Oskh, viaxando por Exipto, India e Arabia, e tendo que investigar un caso de drogas en Oriente.
O xogo contará cun contorno gráfico coidado, fiel ao estilo de debuxo de Hergé, de xeito que os seareiros do reporteiro belga gozarán enormemente desta aventura interactiva.
Vídeo de presentación do novo xogo de Tintín

