LG anunciou que vai levar ao CES de Las Vegas os seus novos monitores UltraGear OLED orientados ao seu uso con videoxogos, con modelos 27GR95QE e 45GR95QE, que son os primeiros en estar equipados con paneis OLED con velocidades de refresco de 240 Hz, presumindo tamén dun tempo de resposta de 0,03 milisegundos (GTG) e de ofrecer cores precisas e grande contraste.
O monitor LG UltraGear OLED modelo 27GR95QE ten un panel OLED de 27 polgadas con resolución QuadHD, ofrece unha baixa latencia ideal para os xogos. Tamén cubre o 98,5% da cor DCI-P3, ten protección contra reflexos, é compatible con velocidades de refresco variables, soporta nVIDIA G-SYNC e FreeSync Premium, ten conectividade HDMI 2.1 e DisplayPort 1.4 e tamén incorpora un conector para auriculares de 4 polos compatible con DTS Headphone.X.
Por outra banda tamén ten o monitor modelo 45GR95QE, cun panel curvo ultrapanorámico OLED de 45 polgadas cunha resolución de 3.440 x 1.440 píxeles, que sorprende pola súa curvatura 800R, que polo demais coincide en especificacións co seu irmán pequeno.
Ambos monitores chegarán ao mercado o ano que vén con prezos presumiblemente elevados, xa que a compañía xa os identifica como monitores premium.
LG presenta monitores OLED gaming con 240 Hz de velocidade de refresco
Compartir Este Artigo

