Nas últimas semanas houbo rumores sobre a posible marcha de Europa de Oppo e OnePlus, marcas que negaron tal éxodo, aínda que si recoñecían que tiñan conxeladas as súas operacións en Alemaña, mercado no que teñen unha das compañías do seu grupo empresarial, Vivo, mantén un litixio con Nokia, que podería levar á prohibición da venda de móbiles da compañía no mercado xermano.
O Tribunal do Distrito de Mannheim vén de dar a razón a Nokia, determinando que Vivo violaba 3 patentes da compañía finlandesa, e aínda que Vivo está a preparar o recurso, suspendeu preventivamente as vendas. Este asunto chegou a xuízo despois de que o acordo de licenzas entre Nokia e Vivo expirase a finais de 2021 e non fosen quen de chegar a un acordo.
Dende Vivo aseguran que é Nokia quen non ofreceu as licenzas precisas cuns termos razoables, e están a esforzarse en chegar a un acordo, polo que non sería de sorprender que nas vindeiras semanas o conflito rematarse cun acordo extraxudicial, facilitando así que Vivo e Oppo/OnePlus retomasen a actividade en Alemaña, pero mentres teñen conxelados os seus negocios.
Polo momento non hai ningunha prohibición de comercialización de ningún produto, simplemente resolucións provisorias, o que non evita que haxa preocupación polos efectos no mercado que poida supor deixar fóra a un grupo de marcas chinesas que están a ser motor de moitas das innovacións que reciben os móbiles nos últimos anos, contribuíndo á competencia incluso na gama alta.
Vivo, Oppo e OnePlus poderían saír do mercado alemán por problemas con patentes de Nokia
Compartir Este Artigo

