Telefónica anunciou hoxe a CNMC o peche das últimas 3.329 centrais de cobre, que completará o 100% do proceso de apagamento do cobre en España, avanzando así na transformación da súas infraestrutura fixa para convertela completamente en fibra ata o fogar en 2024, coincidindo co centenario da operadora.
O apagamento de centrais de cobre iniciouse en 2014, o día no que Telefónica celebraba o seu 90 aniversario, e agora fixan no 19 de abril de 2024 a data de culminación da transición das redes de cable baseadas en par de cobre a fibra, o que supón unha mellora de prestacións e un aforro do consumo enerxético.
Cómpre salientar que o apagamento do cobre (ou sexa, o adeus ás liñas de ADSL) será efectivo para todos os clientes minoristas, que poderán gozar dunha rede de altas prestacións.
Telefónica pon data ao peche da súa rede de cobre
Compartir Este Artigo

