Google Play Games pódese xa instalar no noso ordenador se cumpre cos requisitos mínimos, e aínda que falamos dunha aplicación que aínda está considerada como beta, conta cunha selección de máis dun cento de xogos de móbil que agora podemos gozar no noso ordenador persoal, o que se agradece especialmente en títulos nos que é habitual xogar durante horas, aínda que tamén haberá que prefira xogar no PC para poder empregar sistemas de control máis precisos que a pantalla do teléfono (como o teclado e o rato).
A sincronización a través dos servidores de Google permite que os avances que realizamos no ordenador poidan conservarse no móbil e viceversa, o que é o principal atractivo desta solución para xogar no PC a xogos de móbil con esta solución de Google, xa que no mercado existen numerosas solucións que xa permitían correr aplicacións de Android baixo Windows (e incluso é posible instalar directamente moitas aplicacións de Android en Windows 11).
Vídeo promocional de Google Play Games

