ZTE trae a España as nubia Neovision Glasses, unhas lentes que anuncian como de realidade aumentada, aínda que realmente funcionan como un monitor externo persoal, que cun peso de só 79 gramos e un deseño discreto, achegan unha experiencia semellante a ter diante unha pantalla de 120 polgadas, contando tamén con son inmersivo.
Estas lentes que están á venda por 549 euros integran un par de pantallas microOLED Full HD cun brillo máximo de 1.800 nits, e con compatible con Hi-Res Audio, buscando empregarse conectándose a móbiles, tabletas, ordenadores ou consolas de videoxogos facendo de monitor externo, para consumir os contidos dun xeito máis persoal. As lentes funcionan directamente con dispositivos que acheguen sinal de vídeo DisplayPort a través de USB-C (tamén é posible empregar adaptadores de HDMI a USB-C).
ZTE pon á venda unhas lentes que funcionan como monitor externo
Compartir Este Artigo

