Sony presentou hoxe a súa nova cámara sen espello, a Sony α6700, que introduce nun formato compacto as prestacións propias de cámaras de formato completo e Cinema Line de Sony. Temos así un sensor de imaxe APS-C retroiluminado Exmor R CMOS de 26 Mpíxeles cun motor de procesamento BIONZ XR, que tanto dispara magníficas fotografías (cunha sensibilidade IOS de 100 a 32.000) como grava vídeo 4K de ata 120 imaxes por segundo, e que mesmo permite gravar vídeo co perfil de imaxe S-Cinetone (propio das cámaras profesionais Cinema Line).
A nova cámara herda a unidade de procesamento de IA da Sony α7R V, permitindo unha grande precisión no enfoque automático en tempo real (capaz de recoñecer a persoas, animais, e agora tamén a paxaros e vehículos).
Está previsto que a Sony α6700 chegue ás tendas este mesmo mes a un prezo que parte dos 1.700 euros.
Vídeo de presentación da nova cámara Sony α6700

