Samsung anunciou hoxe as súas novas tarxetas de memoria microSD e SD UHS-I Pro Ultimate, orientadas a fotógrafos profesionais e creadores de contido que precisan tarxetas de grande capacidade (ata 512 GB) e grande velocidade (ata 200 MB/seg.).
As tarxetas de memoria PRO Ultimate tiran o máximo proveito da interface UHS-I con velocidades de lectura de ata 200 MB/seg. e con velocidades de escritura de ata 130 MB/seg., de xeito que son unidades axeitadas para a gravación de contidos en 4K, soportando as especificacións Video Speed Class 30 (V30).
Estas memorias tamén coidan a súa fiabilidade e durabilidade, xa que a integridade dos datos almacenados é de suma importancia en contornos profesionais, e como mostra da súa resistencia aseguran que poden aguantar ata 72 horas a 2 metros de profundidade, sobrevivir a caídas de ata 5 metros de altura, contan con protección magnético e contra os raios X, aturan golpes de ata 1.500 gramos e incluso poden funcionar a temperaturas extremas (entre -25 ºC e 85 ºC.
O uso destas tarxetas de memoria é ideal para cámaras, ordenadores, dispositivos móbiles e drons, que se empreguen para traballar con ficheiros multimedia de grande tamaño.
As novas tarxetas de Samsung chegarán ao mercado no mes de outubro.
Samsung presenta novas tarxetas de memoria para uso profesional
Compartir Este Artigo

